"A documentación é unha disciplina que selecciona, analiza, recupera e difunde documentos co obxectivo de facilitarlle a información aos usuarios". Da súa propia definición extráese a súa importancia. Nun mundo coma o actual, no que hai milleiros de escritos, é fundamental a existencia dun instrumento capaz de clasificar a información para que ésta sexa accesible e manexable.
Os xornalistas temos que estar moi ben documentados para desempeña-lo noso traballo dun xeito veraz e fiable. Pero non somos os únicos que aproveitamos as vantaxes da documentación: toda persoa que solicite información dun arquivo, un centro especializado ou unha biblioteca estase beneficiando da accesibilidade que proporciona a documentación. ¿E quen non acudiu a unha biblioteca algunha vez na súa vida?
Con esta breve reflexión pretendo transmitir a idea de que a documentación está moi presente nas nosas vidas e non é unha disciplina allea á sociedade, senón unha ferramenta imprescindible para o avance do coñecemento.
Deixo aquí un artigo de El País sobre a importancia da xestión da información na actualidade: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/08/29/valencia/1346263489_412552.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario