WEB 2.0
Trátase dun tipo de web colaborativa na que os usuarios se retroalimentan mediante o intercambio de información. O termo utilizouno por primeira vez Dale Dogherty de O`Reilly Media para referirse ao renacemento e evolución da web; sen embargo, foi a raíz da publicación en 2005 do artigo What is Web 2.0? de Tim O`Reilly cando este termo comezou a desenvolverse conceptualmente: http://oreilly.com/web2/archive/what-is-web-20.html (orixinal en inglés)
http://sociedadinformacion.fundacion.telefonica.com/DYC/SHI/seccion=1188&idioma=es_ES&id=2009100116300061&activo=4.do?elem=2146 (tradución ao castelán)
Rasgos identificativos:
1) DHTML, XML, Ajax ou CSS son algunhas das tecnoloxías asociadas á web 2.0.
2) Foméntase a creación de bitácoras, wiki, redes sociais (MySpace, Youtube,...).
3) Empréganse estándares web para a creación de servizos distribuídos en Internet ( como "mashups")
4) Mellora das interfaces das páxinas web
5) Internet xa non é só informar, senón tamén COMPARTIR.
Neste blog explícase dun xeito sinxelo e gráfico en que consiste a Web 2.0: http://paraquesepan.blogspot.com.es/2010/12/la-web-20.html
WEB 3.0
Coñecida como "web semántica", a Web 3.0 nace para enriquecer ás páxinas web dotándoas de significado. Caracterízase por: menor dependencia das aplicacións ao dispositivo, supresión de barreiras idiomáticas, mundos virtuais e mobilidade, entre outras.
A súa principal vantaxe reside en facilitar o acceso dos usuarios á información, estando ésta mellor definida. Sen embargo, ao ser un termo relativamente recente, hai multiplicidade de opinións sobre si é tan novedoso como se cre: http://www.criandocuervos.com/?p=2126
No hay comentarios:
Publicar un comentario