O seguinte traballo plantéxase como unha introdución ao concepto de “documentación
informativa”. Pretende ser, polo tanto, un primeiro contacto con este termo de
notable relevancia en tódolos ámbitos, un esquema sinxelo sobre os seus aspectos
teóricos máis destacados.
Palabras clave
Documentación, información, coñecemento, difusión, documento, ciencia.
Introdución
A documentación como disciplina xorde
a finais do século XIX da man de Paul Otlet e Henri Lafontaine, dous avogados británicos pioneiros na expansión do método
bibliográfico científico a tódalas áreas de coñecemento. A través da cooperación
interbibliotecaria, asentaron as bases da documentación moderna como ciencia
informativa.
Concepto
O catedrático J.L. López Yepes definiu no ano 1981 a documentación
informativa como “aquela parte da Documentación que ten por obxecto de
estudo o proceso de transmisión de fontes para a obtención de novos
coñecementos na investigación da comunicación social, e no traballo no seo da
empresa informativa”.
Na actualidade, para definir a documentación informativa hai que ter en
conta as súas tres dimensións principais:
·
Como disciplina
científica, é o estudo da natureza, deseño e uso dos sistemas de información
documental ao servizo da produción de informacións de actualidade, o incremento
da súa calidade, o seu almacenamento, conservación, recuperación, difusión e
reutilización.
·
Como profesión, defínese
como o conxunto de prácticas profesionais relacionadas co deseño e uso de
sistemas de información documental aplicados aos medios de comunicación social.
·
Como sector económico,
consiste no conxunto de bens e servizos relacionados co deseño, creación e
explotación de sistemas de información documental que permiten o almacenamento,
conservación, representación, recuperación e difusión de informacións creadas
polos medios de comunicación.
Principios
Os principios que rixen a documentación informativa son dous, segundo
Galdón: por unha banda, teleolóxicos
(verificativo, explicativo, editorial) e, por outra, formais e circunstanciais
(perdurabilidade, adecuación funcional, limitativo).
Características da
información de actualidade
As características que condicionan as operacións de documentación
informativa son as seguintes:
·
Enciclopedismo: trata
todo tipo de temas, dende ciencia ata natureza, viaxes, temas políticos ou
económicos, etc.
- Universalidade:
tanto na súa difusión territorial, como nas súas orixes e fontes.
- Tratamento desigual
por parte dos medios de comunicación.
- Concentración de la
información que dificulta a análise documental.
- Redundancia,
presente na coincidencia de temas. Pode entenderse como redundancia cíclica
ou non.
- Despersonalización
- Obsolescencia da
información
- Efecto latencia: a
información de actualidade caduca só de xeito aparente xa que calquera
feito pechado pode reabrirse.
- Multiplicidad de
soportes
- Fragmentación da
mensaxe
- Relatividade de
significado
Funcións
Segundo Galdón, a documentación informativa conta coas seguintes funcións:
preparatoria, crítico-verificadora, completiva, ligüístico-clasificadora,
modélico-narrativa, orientadora, de actualización científica e informativa
propia.
Pero, atendendo ao ser carácter de disciplina informativa, pódese dicir que
as súas funcións principais son: produción da información, mellora da calidade
e credibilidade da información, almacenamento, conservación, difusión e
reutilización.
Finalidade
O obxectivo principal da documentación informativa consiste en facilitar
aos usuarios a información necesaria para o avance do coñecemento.
Centro de documentación
nun medio
Atendendo á tipoloxía de documentos (escritos, sonoros, gráficos e
audiovisuais), existen catro tipos de centros especializados aos que pode
recurrir un medio para documentarse:
·
Arquivos de prensa,
hemerotecas ou bibliotecas.
·
Fonotecas, tanto de
arquivos gráficos, como sonoros e audiovisuais.
Mapa conceptual: ideas
básicas
Ø Documentación informativa (século XIX)
Ø Concepto à en función das súas tres dimensións: como disciplina científica, profesión
ou sector económico
Ø Principios: teleolóxicos, formais e circunstanciais
Ø As características da información de actualidade condicionan as operacións
de documentación informativa
Ø Obxectivo principal: facilitar a información
Ben o esforzo, moi contido nas aportacións. O que pasa que hai pequenas erratas. As citas non están correctas: Otlet e La Fontaine, Galdón, López Yepes. Despois se fala dalgunhas cousas sen mencionar as fontes: Información de actualidae, centro de documentación, as 3 dimensións da documentación informativa... Hai que mencionar as fontes e hai que mencionalas con exactitude, facendo as citas correspondientes. Ademáis non recolles as fontes usadas no traballo. Pode parecer pouco documentado.
ResponderEliminarO mapa conceptual non recolle con precisión as ideas, algo textual.