lunes, 22 de octubre de 2012

Achegamento á documentación informativa


O seguinte traballo plantéxase como unha introdución ao concepto de “documentación informativa”. Pretende ser, polo tanto, un primeiro contacto con este termo de notable relevancia en tódolos ámbitos, un esquema sinxelo sobre os seus aspectos teóricos máis destacados.


Palabras clave
Documentación, información, coñecemento, difusión, documento, ciencia.

 Introdución
A  documentación como disciplina xorde a finais do século XIX da man de Paul Otlet e Henri Lafontaine, dous avogados  británicos pioneiros na expansión do método bibliográfico científico a tódalas áreas de coñecemento. A través da cooperación interbibliotecaria, asentaron as bases da documentación moderna como ciencia informativa.

Concepto
O catedrático J.L. López Yepes definiu no ano 1981  a documentación informativa como “aquela parte da Documentación que ten por obxecto de estudo o proceso de transmisión de fontes para a obtención de novos coñecementos na investigación da comunicación social, e no traballo no seo da empresa informativa”.
 Na actualidade, para definir a documentación informativa hai que ter en conta as súas tres dimensións principais:
·         Como disciplina científica, é o estudo da natureza, deseño e uso dos sistemas de información documental ao servizo da produción de informacións de actualidade, o incremento da súa calidade, o seu almacenamento, conservación, recuperación, difusión e reutilización.
·         Como profesión, defínese como o conxunto de prácticas profesionais relacionadas co deseño e uso de sistemas de información documental aplicados aos medios de comunicación social.
·         Como sector económico, consiste no conxunto de bens e servizos relacionados co deseño, creación e explotación de sistemas de información documental que permiten o almacenamento, conservación, representación, recuperación e difusión de informacións creadas polos medios de comunicación.

Principios
Os principios que rixen a documentación informativa son dous, segundo Galdón: por unha banda,  teleolóxicos (verificativo, explicativo, editorial) e, por outra, formais e circunstanciais (perdurabilidade, adecuación funcional, limitativo).

Características da información de actualidade
As características que condicionan as operacións de documentación informativa son as seguintes:
·         Enciclopedismo: trata todo tipo de temas, dende ciencia ata natureza, viaxes, temas políticos ou económicos, etc.
  • Universalidade: tanto na súa difusión territorial, como nas súas orixes e fontes.
  • Tratamento desigual por parte dos medios de comunicación.
  • Concentración de la información que dificulta a análise documental.
  • Redundancia, presente na coincidencia de temas. Pode entenderse como redundancia cíclica ou non.
  • Despersonalización
  • Obsolescencia da información
  • Efecto latencia: a información de actualidade caduca só de xeito aparente xa que calquera feito pechado pode reabrirse.
  • Multiplicidad de soportes
  • Fragmentación da mensaxe
  • Relatividade de significado

Funcións
Segundo Galdón, a documentación informativa conta coas seguintes funcións: preparatoria, crítico-verificadora, completiva, ligüístico-clasificadora, modélico-narrativa, orientadora, de actualización científica e informativa propia.
Pero, atendendo ao ser carácter de disciplina informativa, pódese dicir que as súas funcións principais son: produción da información, mellora da calidade e credibilidade da información, almacenamento, conservación, difusión e reutilización.

Finalidade
O obxectivo principal da documentación informativa consiste en facilitar aos usuarios a información necesaria para o avance do coñecemento.

Centro de documentación nun medio
Atendendo á tipoloxía de documentos (escritos, sonoros, gráficos e audiovisuais), existen catro tipos de centros especializados aos que pode recurrir un medio para documentarse:
·         Arquivos de prensa, hemerotecas ou bibliotecas.
·         Fonotecas, tanto de arquivos gráficos, como sonoros e audiovisuais.

Mapa conceptual: ideas básicas
Ø  Documentación informativa (século XIX)
Ø  Concepto à en función das súas tres dimensións: como disciplina científica, profesión ou sector económico
Ø  Principios: teleolóxicos, formais e circunstanciais
Ø  As características da información de actualidade condicionan as operacións de documentación informativa
Ø  Obxectivo principal: facilitar a información


domingo, 14 de octubre de 2012

Sobre documentación

"A documentación é unha disciplina que selecciona, analiza, recupera e difunde documentos co obxectivo de facilitarlle a información aos usuarios". Da súa propia definición extráese a súa importancia. Nun mundo coma o actual, no que hai milleiros de escritos, é fundamental a existencia dun instrumento capaz de clasificar a información para que ésta sexa accesible e manexable.
Os xornalistas temos que estar moi ben documentados para desempeña-lo noso traballo dun xeito veraz e fiable. Pero non somos os únicos que aproveitamos as vantaxes da documentación: toda persoa que solicite información dun arquivo, un centro especializado ou unha biblioteca estase beneficiando da accesibilidade que proporciona a documentación. ¿E quen non acudiu a unha biblioteca algunha vez na súa vida?
Con esta breve reflexión pretendo transmitir a idea de que a documentación está moi presente nas nosas vidas e non é unha disciplina allea á sociedade, senón unha ferramenta imprescindible para o avance do coñecemento.
Deixo aquí un artigo de El País sobre a importancia da xestión da información na actualidade: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/08/29/valencia/1346263489_412552.html


domingo, 7 de octubre de 2012

Profundizando na web

Para ser bos comunicadores é necesario dominar as ferramentas de transmisión de información. Na actualidade fálase de termos como "Web 2.0" ou "Web 3.0" que é preciso coñecer. Velaquí un pequeno análise destas dúas modalidades da web.



WEB 2.0

Trátase dun tipo de web colaborativa na que os usuarios se retroalimentan mediante o intercambio de información. O termo utilizouno por primeira vez Dale Dogherty de O`Reilly Media para referirse ao renacemento e evolución da web; sen embargo, foi a raíz da publicación en 2005 do artigo What is Web 2.0? de Tim O`Reilly cando este termo comezou a desenvolverse conceptualmente: http://oreilly.com/web2/archive/what-is-web-20.html (orixinal en inglés)

Rasgos identificativos:

1) DHTML, XML, Ajax ou CSS son algunhas das tecnoloxías asociadas á web 2.0.
2)  Foméntase a creación de bitácoras, wiki, redes sociais (MySpace, Youtube,...).
3) Empréganse estándares web para a creación de servizos distribuídos en Internet ( como "mashups")
4) Mellora das interfaces das páxinas web
5) Internet xa non é só informar, senón tamén COMPARTIR.

Neste blog explícase dun xeito sinxelo e gráfico en que consiste a Web 2.0: http://paraquesepan.blogspot.com.es/2010/12/la-web-20.html 


WEB 3.0 

Coñecida como "web semántica", a Web 3.0 nace para enriquecer ás páxinas web dotándoas de significado.  Caracterízase por: menor dependencia das aplicacións ao dispositivo, supresión de barreiras idiomáticas, mundos virtuais e mobilidade, entre outras. 
A súa principal vantaxe reside en facilitar o acceso dos usuarios á información, estando ésta mellor definida. Sen embargo, ao ser un termo relativamente recente, hai multiplicidade de opinións sobre si é tan novedoso como se cre: http://www.criandocuervos.com/?p=2126