Que pasou o 25 de setembro de 2012 en Madrid?
O
pasado martes miles de manifestantes rodearon o Congreso dos Deputados para
expresar o seu crecente descontento co Goberno en xeral e coa clase política en
particular. Sen embargo, o que pretendía ser un acto reivindicativo pacífico
converteuse nun enfrontamento entre cidadáns e policías que, unha vez máis,
deixou en entredito a actuación dos axentes antidisturbios.
Que papel xogou a
policía?
O
corpo policial, lonxe de fomentar un ambiente pacífico e seguro, abusou da súa
autoridade acordoando a zona cun número esaxerado de axentes que responderon á
manifestación con frialdade e violencia.
Que papel xogaron
os manifestantes?
As
persoas que acudiron ao acto reivindicativo fixérono en calidade de cidadáns
que teñen o dereito de expresar libremente a súa opinión. O sentimento común de
inconformidade co sistema fíxose notar cunha actitude enérxica que desembocou
en momentos de tensión coa policía.
Que papel xogou a clase política? Cantos diputados asistían ao pleno?
O
colectivo político tratou de aparentar normalidade ignorando as protestas dos
presentes no exterior do Congreso.
Atendendo
ao número de votos emitidos nas votacións celebradas no pleno do 25 de
setembro, o número de parlamentarios presentes era de 314. (http://www.congreso.es/public_oficiales/L10/CONG/DS/PL/DSCD-10-PL-61.PDF
)
Que pasou no pleno
do Congreso?
Fixéronse
interpelacións urxentes. Acto seguido, tomáronse en conta proposicións de
lei – por parte de UPyD, para previr e erradicar a discriminación
lingüística e garantir a liberdade de lingua; e por parte de EAJ-PNV sobre a
mellora da accesibilidade nas comunidades de vivendas- e proposicións non de
lei – UPyD para a racionalización do réxime retributivo dos cargos
políticos efectivos mediante un sistema obxectivo, coherente e transparente a
nivel nacional; e EAJ-PNV relativa á loita contra o fraude fiscal-. A
continuación presentáronse mocións consecuencia de interpelacións urxentes e
procedeuse á votación dos tres aspectos subliñados, sendo todos eles refutados.
Por que foi a concentración? Quen chamou á concentración?
A
manifestación foi convocada pola plataforma ¡En
pie! Ocupa el Congreso a través das redes sociais e do seu blog http://plataformaenpie.wordpress.com/25s/
, no cal invitan aos cidadáns a loitar por un cambio de sistema a nivel
político, social e económico.
Onde vístedes as noticias?
Seguín
a actualidade sobre a manifestación tanto nos xornais a nivel nacional e
autonómico coma no telexornal de La Sexta
Noticias.
Como valorades esa información recibida?
Considero
que este suceso foi un exemplo máis de manipulación política dos medios. O que uns
presentaban como un ataque desmesurado dos manifestantes para outros era unha
reivindicación pacífica só agravada pola actuación policial. A uniformidade de
posicións mediáticas respecto a este tema resulta, cando menos, contraditoria.
Neste
enlace vese claramente un exemplo de manipulación mediática durante o 25-S: http://blogs.lainformacion.com/con-noticias-de-facebook/2012/09/26/el-camarero-que-defendio-a-los-manifestantes-del-25-s-nuevo-heroe-de-las-redes-sociales/
Que lle faltaba a esa información?
Faltáballe
obxectividade e accesibilidade aos datos.
Que consecuencias ou que lectura se pode
facer ou entresacamos da concentración / manifestacións?
Dende
o meu punto de vista, xa que os nosos políticos non convocan referendos nos que
a nosa opinión conte para algo, as manifestacións constitúen a única vía de
expresión dos cidadáns. Hai quen as enturbia con actitudes violentas, si; pero
non representan o sentimento xeral dos que percorren as rúas co obxectivo
pacífico de facerse escoitar.
Desta
manifestación en concreto, eu conclúo que se trata dun paso adiante nas
reivindicacións sociais, e agardo que algún día os políticos escoiten o que os
cidadáns temos que dicir en lugar de ignorarnos coma se o termo “soberanía
nacional” non lles dixese nada.
Que outras preguntas habería que facerse?
Os
cidadáns deberiamos preguntarnos: “É isto unha democracia real? Contan para
algo as ideoloxías ou son tódolos partidos iguais? Podemos seguir tolerando o “prometo
pero non cumplo”? Merecemos estar informados de todo ou só dunha parte
interesada? Existe a soberanía nacional en España?
Vivimos
nun contexto de crise económica no que familias enteiras sofren por ter os
petos baleiros mentres outros enchen os seus de cartos en sobres de
ilegalidade. Ocórrenseme moitas preguntas que poderiamos facernos, pero a máis
inquietante é saber se coñecer as respostas serviría realmente para algo.