Se algo caracteriza a cociña galega é a riqueza e calidade dos seus pratos, sendo o cocido a estrela do noso firmamento gastronómico. Certo é que hai múltiples formas de comelo, pero só unha "ideal": a que reúne os mellores ingredientes da xeografía de Galicia na vila de Lalín, a vila do cocido por excelencia.
Na web http://facultadecomunicacion.org/trotacocido/ atoparás un interesante proxecto levado a cabo por alumnos de Xornalismo da USC, que tiramos de cámara e tradición na busca do mellor cocido galego. A que agardas?